Que é a Rede eusumo

Que é a Rede Eusumo: É unha rede impulsada pola Consellería de Traballo e Benestar para o fomento do cooperativismo e a economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor no ámbito local, comarcal e transfronteirizo prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social, no territorio de actuación.

A Rede Eusumo créase para promover este modelo empresarial en todo o territorio de Galicia, impulsando o seu desenvolvemento no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego colectivo.

Os obxectivos da Rede son a promoción e fomento do cooperativismo e a economía social, do emprendemento, e da creación e consolidación de emprego, no ámbito local, comarcal e transfronteirizo; e concrétanse  ao redor dos seguintes eixos:
1.    Información, formación, orientación e asesoramento en temáticas vinculadas ao cooperativismo e a economía social,  fomento do autoemprego e o emprendemento a través do acompañamento e asesoramento de proxectos cooperativos.
2.    Posta a disposición de medios para o emprendemento entre os que se inclúen as instalacións para albergar o comezo de iniciativas empresariais.
3.    Reforzo da presenza de asociacións e empresas de economía social en redes de intercooperación de carácter nacional e internacional para a promoción do cooperativismo e a economía social
4.    Promoción e fomento das Tecnoloxías da Información e Comunicación así como o impulso da I+D+i e do traballo en rede.
5.    Apoio á comercialización e internacionalización, promovendo encontros internacionais e transfronteirizos para o intercambio comercial e a cooperación empresarial.
6.    Realización de análises e estudos en temáticas de interese para a economía social, así como para o desenvolvemento local.
Enmárcanse tamén como obxectivos da mesma, o acompañamento de proxectos de economía social así como rendibilizar e achegar aos cidadáns diferentes recursos e infraestruturas de institucións, entidades ou organizacións con interese en adherirse á Rede


Actividades: As actividades que se pretenden impulsar coa creación da Rede Eusumo encádranse dentro do Programa Operativo do Fondo Social Europeo 2007-2013
A Rede realizará todo tipo de actividades encamiñadas ao cumprimento dos obxectivos indicados no epígrafe anterior. Entre elas, destácanse as seguintes:
a)    Información e asesoramento nos centros.
b)    Accións formativas dirixidas aos posibles emprendedores.
c)    Prospección dos xacementos de emprendemento e selección de destinatarios das accións de asesoramento, información e formación.
d)    Acompañamento de  proxectos, titorización e asesoramento para a conformación da empresa e durante os primeiros anos de actividade.
e)    Apoio ao emprendemento mediante a posta a disposición de viveiros para empresas de economía social.
f)    Fomento da coordinación de accións e promoción de proxectos de carácter internacional.
g)    Promoción e dinamización do traballo en rede para a colaboración en temas comúns, tales como a comercialización e a apertura conxunta de mercados.
h)    Realización de accións formativas en materia de novas tecnoloxías.
i)    Establecemento de centros de documentación para a súa consulta por parte de entidades de economía social,  persoas emprendedoras e público en xeral.
j)    Promoción da asistencia conxunta a feiras nacionais e internacionais e da mellora das estratexias de comercialización.
k)    Establecemento dunha liña permanente de investigación sobre posibilidades de desenvolvemento local para o territorio.
l)    Desenvolvemento de estudos sectoriais promovendo a cooperación con entidades do territorio.
m)    Campañas publicitarias de divulgación e difusión das potencialidades, valores e realidades da economía social.

Actividades

Último mes Maio 2012 Mes seguinte
L M X J V S D
week 18 1 2 3 4 5 6
week 19 7 8 9 10 11 12 13
week 20 14 15 16 17 18 19 20
week 21 21 22 23 24 25 26 27
week 22 28 29 30 31